martes, 19 de febrero de 2013

Bágoas baixo a choiva.

Á miña querida Paula, por animarme a escribir na lingua da nosa terra galega.

Seica non fuches capaz de atopar o teu camiño, 
boneca de prata e estrelas?
Disque os teus ollos de andoriña
Relucen máis cas bolboretas.

Mais non é suficiente,
xa non te quere esa nena insolente.

Contan que os teus cabelos,
tinguidos polo ceo do mencer,
encadran o rostro máis fermoso
que Pigmalión xamáis logrou facer.

Mais non é suficiente,
xa non te quere esa nena insolente.

E agora estas aí deitada,
soa, triste, abandoada,
de saudade están cheas
as túas bágoas.

Parece que non dixeches nada,
simplemente botácheste a chorar,
mirando como chove miudiño
sobre as augas do Sar.

Emily Broken Rose

2 comentarios:

  1. Querida Emily:
    Sabes de sobra que son un gran admirador teu, pero sen dúbida se cria que non podias abraiarme mais equivocabame, esta entrada gústame especialmente; sabes perfectamente cales son os meus puntos fracos e sabes que o galego é o mais forte. Sen dúbida eres unha gran poetisa, pero en galego incluso mais. Un honor poder coñecerte en persoa.
    Sabes de sobra quen son.
    Fimado: Anónimo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Meu querido anónimo:
      Grazas polas túas doces palabras, intentarei escribir máis entradas en galego, porque vexo que non me saen mal. É unha honra ter amigos coma ti.

      Eliminar