lunes, 16 de marzo de 2020

3. Biscoito


Resultado de imagen de bica gallega
Bica galega



Aínda gardo no maxín, pero sobre todo no peito, o arrecendo a biscoito que escapaba pola fiestra da túa cociña cada tarde de xoves, pasadas as tres. Aínda lembro o que doía terche tan preto e non poder convidarche, cada día, a acompañalo cun café. 

Un breve sorriso procuraba facerme notar para ti, para os teus ollos, polo mesmo camiño de sempre, esperando que me fixeras perderme nas herbas altas do teu xardín. Queres biscoito, Violeta? Quero, pero máis quérote a ti.

Camiñei pola rúa que daba á súa casa tódalas mañás, tódolos seráns. No meu corazón o recendo do biscoito de Matilde, das súas flores, a cor do seu carmín. Quen me dera terche bicado nos beizos como a túa lembranza me bica agora a min.




No hay comentarios:

Publicar un comentario