viernes, 27 de marzo de 2020

13. Silencio

Berraba por dentro, cos beizos pechados e a mirada nos pés, reprimindo, sorrindo. Por moitas cousas que sentira naquel momento debía calar, debía seguir adiante e soltalo todo no silencio do meu cuarto, do meu solitario palacio no ceo.

Agora xa é tarde para arrepentirse ou botarse atrás. Dende o meu asento vexo as nubes borrando a cidade, o océano, levándome lonxe do teu recordo e da cobardía de ter calado, de non terte chamado, de non atreverme a berrar de verdade e de afogarme en soidade.

Agora, como cobarde, fuxo unha vez máis a finxir que son feliz percorrendo o mundo, a facer da miña viaxe unha inesquecible lembranza, borrón sobre o teu nome tantas veces escrito nos meus pensamentos. Xamais deixarei de oílo, amor, no outro lado do océano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario