Racha cas túas cadeas, meniña, racha co férreo corsé.
Co corazón latexando forte no peito e a rabia apretando os dentes, engurrando o cello, cabalga unha egua iracunda que surque mares, ceos e o inferno que está por vir.
Nin unha soa bágoa, nin unha.
A faciana vermella, furor gladiatoris, espadas ameazando ao inimigo sin sombra, ao sorrinte de corpo de fume. Rilla os dentes pensando no saber da carne que o lume torrará.
Algún día, meniña, ca primeira luz do solpor, esa bágoa frustrante que hoxe derramas será veleno, será arma, e converterás o medo en valor.
Amazona, érguete e ao trote!
Quedan moitas loitas no horizonte, moitas historias por contar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario