viernes, 20 de marzo de 2020

6. Bico

Bicámonos aquí, neste mismo balcón no que hoxe contemplo a cidade, soa, nunha noite sen estrelas coma aquela. Bicámonos con ganas porque pasamos moito tempo negando as ganas, e polo camino perdimos bicos entre bágoas e escusas baratas.

Perseguirnos como parvos levounos a quedar sen tempo de bicarnos, cos beizos e cas palabras, agora segue sen estrelas o ceo, e a cidade non cala.

Maldigo ás luces que nos cegaron antes de que nos atopásemos, que acenderon para fundirse de súpeto.

Bicaríache ata desgastar a túa pel infinita se tivese outra oportunidade, porque dinche os bicos todos e esquecín berrar o que por ti sinto. Agora, ti levas bicos a outra persoa, e eu busco, soa na nosa terraza, estrelas tan apagadas coma min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario