viernes, 20 de marzo de 2020

7. Grilo

Canta, rei grilo, canta ben alto entre as herbas, ao pé dos outeiros, entre carballos e aciñeiras. Protexe aos nenos de trasgos, diaños e meigas mentireiras, garda as chaves do universo de sombra, auga e tebras. Durmamos no manto laranxa, afoguemos nos soños.

Canta, rei grilo, canta e invoca a cor laranxa. Que mil linguas de lume empapen o ceo nublado, que o vento arrastre o teu canto dourado. Canta, rei grilo, e levanta contigo ao teu pobo. Canta, rei grilo, convídanos ao sono.

Canta na noitiña, canta. Escoitarémosche coma quen oe os avisos, con precaución, con temor. O canto do grilo abre as portas do mundo da noite, señor das chaves do inferno, pecha os ollos cando marche o ceo laranxa, escoita ao rei grilo que canta, canta e canta.

Resultado de imagen de laxeiro trasmundo
Laxeiro, Trasmundo (1946)

No hay comentarios:

Publicar un comentario